López Sández, María (1973-)

O herbario de Rosalía : nasín cando as prantas nasen / María López-Sandez, Mª Isabel Fraga Vila - [A Coruña] : Fundación Rosalía de Castro , 2022 - 207 p. : il. cor ; 22 cm.

Rosalía de Castro converteuse nunha das grandes cantoras da nosa paisaxe. A súa obra mestura, de xeito maxistral, tres ingredientes (as xentes, a natureza e o idioma), combinados a través dun tratamento que, sen renunciar á orixinalidade, entronca cos profundos cambios culturais que no século XIX reconfiguraron a relación do ser humano co medio. Os seus versos, en perpetuo diálogo cos elementos máis humildes, renden tributo á rosa e elevan o carballo ao papel de símbolo sagrado. Os toxos, as silveiras, as flores ventureiras, as herbas do camposanto e os valados e hortalizas como a verza e cereais coma o trigo son protagonistas do seu proceso de creación. A evanescencia da rosa, a permanencia da árbore, o existencial, o amoroso e o colectivo fúndense na paisaxe que transita nas súas páxinas e que hoxe, desde os eidos floridos que ela cantou, evoca en nós ecos dos seus versos.

9788487668548


Castro, Rosalía de (1837-1885 )


Poesía galega - --19º século
Poesía gallega - --19º siglo
Botánica
Botánica

821.134.4-1:581.145.1

Coa tecnoloxía Koha