Sarrionandia, Joseba

Unha volta ao mundo / Joseba Sarrionandia, ilustracións de Ares - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2022 - 157 p. : il. cor ; 24 cm

Unha nena pídelle á súa avoa, profesora de Historia a piques de xubilarse, que lle relate «unha historia de verdade». E así, a avoa comeza a narrar a historia da volta ao mundo que no século xvi realizaron Magalhães e Elcano. As preguntas e observacións da nena converterán a crónica da antiga travesía nun motivo para explicar, con tenrura e humor, outras moitas historias reais sobre este estraño planeta no que vivimos. A través do diálogo, “Unha volta ao mundo” ofrece respostas e sobre todo preguntas para tratar de entender temas tan complexos como as relacións de poder, as diferenzas culturais, a desigualdade, a memoria histórica, o racismo, o machismo ou a globalización. As ilustracións de Arístides Hernández completan este libro do que poden gozar lectoras e lectores a partir de once anos.

5º-6º Primaria

9788413431956


Fernão de Magalhães
Juan Sebastián Elcano


Navegantes
Exploracións
Avoas

82-N

Coa tecnoloxía Koha