DoCampo, Xabier P

O pazo baleiro / Xabier P. DoCampo - 7ª ed - Vigo : Xerais ,2007 - 154 p. ;20cm - Sopa de Libros ;2 .

MÁIS DE 10 ANOS

Sección: Narrativa Xuvenil en Galego

A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor -que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso-, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoias e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acudirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas.

1º-2º ESO

8483027488


Misterio
Aventuras

82:087.5 087.5:82

Coa tecnoloxía Koha