Que precisa un gato pequeno? / Natalia Shaloshvili ; traducido do ruso por Irina Stepanova
por Shaloshvili, Natalia [autor/a]
; Stepanova, Irina [tradutor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | CEIP Plurilingüe A Pedra Sala préstamo | Dispoñible | BIBLIO INFANTIL RECTANGULO VERDE ANIMAIS | PEC019000016803 |
|
Un álbum tenro e divertido protagonizado por un gato rebuldeiro con gana de aventura e afectos.
Quen ten dous ollos pequenos, dúas orellas pequenas, unha boca chea de dentes pequenos e afiados, uns bigotes grandes, un corpo con manchiñas, catro patas con gadoupas e un rabo? Un gato! E todos os gatos precisan correr, ir e volver, sentir a chuvia ou o vento, pasar medo, estar tristes (só un anaco), ter un teito onde acubillarse e, sobre todo, alguén grande ou pequeno que os queira.
Un novo traballo de Natalia Shaloshvili cun protagonista tenro e rebuldeiro co que lectores e lectoras se identificarán inmediatamente. Unha proposta ideal para a lectura compartida que transmite a importancia do xogo, a autonomía e a experiencia emocional na infancia, sen esquecer os afectos e o contacto cos outros, algo que necesitamos todos, grandes e pequenos.
4º-5º-6º Educación Infantil
1º-2º Primaria