O herbario de Rosalía : nasín cando as prantas nasen / María López-Sandez, Mª Isabel Fraga Vila
por López Sández, María (1973-) [autor/a]; Fraga Vila, María Isabel [autor/a]; Fraga Vila, Miguel [fotógrafo/a].
Tipo: LibroEditor: [A Coruña] : Fundación Rosalía de Castro , 2022 Descrición: 207 p. : il. cor ; 22 cm.ISBN: 9788487668548.Materia(s): Castro, Rosalía de (1837-1885 ) | Poesía galega - -- 19º século | Poesía gallega - -- 19º siglo | Botánica | BotánicaResumo: Rosalía de Castro converteuse nunha das grandes cantoras da nosa paisaxe. A súa obra mestura, de xeito maxistral, tres ingredientes (as xentes, a natureza e o idioma), combinados a través dun tratamento que, sen renunciar á orixinalidade, entronca cos profundos cambios culturais que no século XIX reconfiguraron a relación do ser humano co medio. Os seus versos, en perpetuo diálogo cos elementos máis humildes, renden tributo á rosa e elevan o carballo ao papel de símbolo sagrado. Os toxos, as silveiras, as flores ventureiras, as herbas do camposanto e os valados e hortalizas como a verza e cereais coma o trigo son protagonistas do seu proceso de creación. A evanescencia da rosa, a permanencia da árbore, o existencial, o amoroso e o colectivo fúndense na paisaxe que transita nas súas páxinas e que hoxe, desde os eidos floridos que ela cantou, evoca en nós ecos dos seus versos.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe A Pedra Sala préstamo | 58 VAR her | 1 | Dispoñible | Primaria. Sección ciencias | PEC019000015207 |
|
Rosalía de Castro converteuse nunha das grandes cantoras da nosa paisaxe. A súa obra mestura, de xeito maxistral, tres ingredientes (as xentes, a natureza e o idioma), combinados a través dun tratamento que, sen renunciar á orixinalidade, entronca cos profundos cambios culturais que no século XIX reconfiguraron a relación do ser humano co medio. Os seus versos, en perpetuo diálogo cos elementos máis humildes, renden tributo á rosa e elevan o carballo ao papel de símbolo sagrado. Os toxos, as silveiras, as flores ventureiras, as herbas do camposanto e os valados e hortalizas como a verza e cereais coma o trigo son protagonistas do seu proceso de creación. A evanescencia da rosa, a permanencia da árbore, o existencial, o amoroso e o colectivo fúndense na paisaxe que transita nas súas páxinas e que hoxe, desde os eidos floridos que ela cantou, evoca en nós ecos dos seus versos.